Skip to main content
As Pontes

As Pontes contará cun amplo programa este mes pola festividade de Santa Icía

Por 7 Novembro, 2023Novembro 8th, 2023Sin comentarios

A asociación de músicos Ruada organiza a celebración Santa Icía, en colaboración co Concello das Pontes na que se incluirán máis de 15 actuacións en novembro.

O programa arrancará o 11 de novembro, ás 20.00 horas co Concerto de Outono a cargo da Coral polifónica Eixil de Cedeira, Concerto Tempo de Ferrol e Coral Endesa. Continuarán o día 17 con varios concertos na Casa Dopeso a cargo dos grupos No Cómbaro, Vila de As Pontes e Nimbos, en xornada de tarde.

Ao día seguinte, pero ás 13.00 horas será a vez da agrupación Canavella.

O 20 de novembro, ás 18.00 horas, está prevista un concerto de música de Haydn a cargo de Fisión Atlántica Ensemble, coa participación de Pablo Carpintero. Esta será no Auditorio Municipal.

O mércores 22, ás 18.00 horas haberá un concerto do profesorado do conservatorio e, ao día seguinte, Rockservatorio en la Casa Dopeso. O venres seguirán os concertos, ás 19.30 horas, dirixidos á música tradicional, coa Escola municipal de Acordeóns, Os Feroces da Galgueira e a Banda de Música.

O 26, ás 13.15 horas está prevista a misa na igrexa de Ribadeume, seguida da tradicional ofrenda floral e a actuación de Canavella. Rematará a programación ao día seguinte, ás 19.00 horas, coa actuación da Escuela de música tradicional del Concello no auditorio.