Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXARábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

O Concello de Rábade mellora o pavillón municipal dos deportes

Por 27 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Rábade acomete diferentes melloras no pavillón municipal Eduardo Fernández ao abeiro dunha axuda da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.

En concreto, estanse a equipar as gradas con cadeiras individuais para unha maior comodidade dos usuarios e usuarias e tamén se está a renovar o equipamento para favorecer as escolas infantís no xogo do mini basket.

A actuación é posible grazas ás subvencións dirixidas a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable.

A alcaldesa, Reme González, e o concelleiro Carlos González, supervisan os traballos de colocación do novo equipamento aos que se destinan 10.526 euros.