Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Riotorto acolle o próximo luns un curso de manipulación de alimentos

Por 6 Novembro, 2023Sin comentarios

A Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo, Afammer Lugo, ofrecerá un curso para obter o diploma de capacitación para manipulación de alimentos.

Este terá lugar o luns 13 de novembro, en Riotorto, no centro sociocultural da circunvalación.

A inscrición é gratuíta. Para reservar praza ou consultar dúbidas, pódese facer no teléfono 654 394 780.

O curso terá lugar entre as 10.00 e as 13.00 horas e englóbase dentro do Plan Corresponsables Afammer Lugo.