Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Riotorto acollerá esta fin de semana os actos polo 126 aniversario de Avelino Díaz

Por 13 Novembro, 2023Sin comentarios

A Escola da Órrea acollerá este mes a celebración do 126 aniversario de Avelino Díaz organizado pola asociación que leva o seu nome e os concellos de Riotorto e Meira.

A primeira parada na programación terá lugar ese venres, 17 de novembro, na Escola da Órrea, onde se presentará novamente, a partir das 20.00 horas, o novo disco de A Quenlla, que está dedicado ao poeta local e no que se musicalizaron 12 poemas.

Os asistentes poderán escoitar o disco e unha breve explicación de cada poema nesta sesión.

Continuarán os actos o sábado 18 tamén en Riotorto cunha festa baixo o título Polavila. Realizarase, a partir das 16.00 horas unha homenaxe ao grupo Hermanos Baltasar con Armando Clarines. A programación inclúe tamén un obradoiro musical con Víctor e Rebeca a Pastoriza.

Non faltarán os pasarrúas coa Asociación Osorio Gutiérrez, Tarde Mal e Arrastro, Grupo de Música e Baile da Pastoriza, Os d’Aquí e A Chocolateira.

A sesión terá lugar baixo carpa para protexerse en caso de choiva.

O último acto do programa tamén terá lugar este ano en Riotorto, e será unha charla-coloquio sobre a figura de Francisco Fernández del Riego, ao que se dedicou este ano o Día das Letras Galegas. O relatorio estará a cargo de Xosé López González, profesor de galego e amigo do homenaxeado.