Skip to main content
Vilalba

As Xornadas Indianas terán este sábado a súa segunda xornada

Por 1 Novembro, 2023Sin comentarios

A Liga Santaballesa continúa coa celebración das Xornadas sobre Migracións Indianas, que acadan a súa décimoterceira edición na contorna da escola habaneira da parroquia xunto á tradicional Feira Indiana.

O seu tradicional programa festivo tivo o seu centro o pasado 23 de setembro cunha exposición, unha mesa redonda e unha exhibición de baile, entre outros actos.

Esta cita terá a súa segunda sesión este sábado a partir das 11.00 horas cunha mesa redonda sobre educación e migracións. Participarán Antón Costa Riba, de Educación e Sociedades de Instrución en Galicia; Prudencia Viveiro Mogo, do Valadouro, e Daniel Manuel Vázquez Vila, da Liga Santaballesa.

Pola tarde, ás 16.00 horas, Juana Caridad Fernández Pérez, das Sociedades de Instrución de Cuba falará sobre o Legado Societario das Sociedades de Instrución.

Ademais, haberá visitas guiadas á casa escola e ao mediodía terá lugar un xantar.