Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba presenta o proxecto de reconstrución da ponte de Ribeira

Por 3 Novembro, 2023Sin comentarios

O tenente de alcalde e responsable de infraestruturas rurais Modesto Renda explicou en Samarugo o proxecto de reconstrución da Ponte da Ribeira que o Concello de Vilalba remitirá á Confederación Hidrográfica Miño Sil, así como á Dirección Xeral de Patrimonio para poder dar inicio ás obras.

Un traballo de meses de planificación que, cando as circunstancias climatolóxicas o permitan, dará solución permanente á actual situación de risco.

“Dende o día 1 da lexislatura tivemos claro que a obra era prioritaria e actuamos en consecuencia axilizando os trámites todo canto nolo permitiron os tempos da Admistración”, explicou Renda.

O Concello deberá agora agardar polas dúas autorizacións sectoriais (a de patrimonio é precisa pola presenza dun cruceiro nunha marxe) e é por isto que a Área de Infraestruturas, en colaboración coa Área de Servizos, tomará medidas preventivas e reforzará a sinalización ata que se poida actuar.