Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

A asociación de veciños Santiago de Sancovade organiza unha xornada micolóxica

Por 6 Novembro, 2023Sin comentarios

Os veciños de Vilalba teñen unha cita o vindeiro sábado 11 de novembro. A asociación de veciños Santiago de Sancovade organiza unha xornada de micoloxía.

A proposta será de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas. A través desta actividade os participantes poderán achegarse ao mundo dos fungos e dos cogomelos.

A xornada conta coa colaboración da Deputación de Lugo, da Reserva da Biosfera Terras do Miño, do Programa sobre o Home da Unesco e a Biosfera e de Toupariña.