Skip to main content
Vilalba

O proxecto Emprazadas continúa este sábado cos poemas de García Lorca

Por 3 Novembro, 2023Sin comentarios

As edís de Cultura e Promoción da Lingua, Tamara Rodríguez e María Xosé Fernández, veñen de presentar a nova actividade do ciclo Emprazadas.

Trátase do espectáculo Seis Lorca en Galicia, que por motivo das circunstancias metereolóxicas non terá lugar na p raza de Santa María e trasladarase ao Auditorio Municipal.

Porque seis foron os poemas que Ferderico García Lorca fixo en Galego e seis é o nome deste proxecto, que pretende homenaxear este fito da literatura en Galicia; isto é: Que o mellor poeta contemporáneo e un dos máis grandes poetas da lingua castelá de todos os tempos, escollese o idioma galego para facer a única incursión poética nunha lingua allea.

Neste senso, os vilalbeses/as poderán desfrutar dun proxecto audiovisual onde a música en vivo composta para a ocasión de carácter ambiental con guitarra eléctrica e arpa, e a videocreación crearán una atmosfera onírica mentres a obra de Lorca é recitada.

O proxecto Emprazadas é unha acción coordinada entre estas dúas áreas de goberno e na que, ó tempo que a área de Mobilidade segue dando pasos adiante no seu piloto de peonalización progresiva (limitando agora o estacionamento de vehículos nas fins de semana e festivos) ameniza o uso desta contorna con fins culturais.

Para a Concelleira de Cultura, Tamara Rodríguez, a iniciativa parte dunha “total aposta municipal pola zona vella” que pretende recuperar a praza de Santa María como o “epicentro da vida cultural e social” en beneficio dos veciños/as, así como de comerciantes e hostaleiros do centro histórico”.