Skip to main content
Vilalba

O programa Acelera Peme estará o martes en Vilalba

Por 6 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba contará coa presenza da oficina móbil do programa Acelera PEME o vindeiro martes día 7 de novembro, a partir das 12:30 horas na praza da Constitución.

Os autónomos e as pemes do concello poderán beneficiarse dos diversos servizos gratuítos que ofrece esta oficina móbil.

“Os interesados contarán co asesoramento dos dinamizadores dixitais do programa, podendo programar as citas presenciais ou telemáticas que sexan necesarias para unha consulta individualizada”, explica a alcaldesa, Marta Rouco.

Os servizos ofertados inclúen o acompañamento dixital individual e personalizado, a análise do estado de dixitalización da empresa, o apoio na implantación de novas solucións dixitais no negocio, a consultoría en marketing dixital e o apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.

O programa Acelera PEME na provincia de Lugo, impulsado pola Deputación, está apoiado por Red.es e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e financiada polos fondos NextGenerationEU da Unión Europa.