Skip to main content
Vilalba

Nova proxección do ciclo Mestre Mateo este domingo en Vilalba

Por 4 Novembro, 2023Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura- Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección do documental A Foreing Song, de César Souto Vilanova, continuando así coa programación do Ciclo Mestre Mateo, que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade
de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI Premios Mestre Mateo.

Esta sexta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 5 de novembro de 2023, ás 20:00 horas.

Traballou nunha compañía de seguros durante 40 anos. Todos os días erguíase ás 6 e deitábase ás 9. Nos seus días tranquilos non hai peripecias destacables, nin grandes dramas. Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX. Cando se lle pediu unha reseña biográfica para presentar a súa obra, o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens negouse a escribila. Cría profundamente que a poesía non é persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era en realidade a voz dun Outro. Alguén, ao lonxe, observa as casas idénticas nos suburbios solitarios de Estados Unidos. Na cidade dos cartos, onte e hoxe, unha multitude camiña sen descanso. Voces sen rostro len fragmentos das cartas do poeta. Un paxaro de plumas douradas canta unha canción.