Skip to main content
Vilalba

O Concello de Vilalba entregou composteiros aos centros escolares

Por 4 Novembro, 2023Novembro 5th, 2023Sin comentarios

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco; a concelleira de Educación e Mocidade, Paula Vigo, e o concelleiro Ignacio Criado fixeron entrega duns composteiros aos colexios CEIP Insua Bermúdez, CEIP Mato Vizoso, e á Escola de Educación Infantil na primeira xornada dunha actividade que se estendeu ao resto dos centros educativos.

Trátase dunha acción en colaboración con Ambigal 360. “Queremos consolidar a práctica da compostaxe entre a cidadanía, facendo especial fincapé na mocidade, familiarizando aos nenos e nenas co uso e os beneficios dos composteiros e dunha correcta reciclaxe en orixe”, asegura Paula Vigo.

Marta Rouco destacou “a boa acollida” que teñen os composteiros nos centros educativos, que “rapidamente comezan a ser utilizados por parte do alumnado para a xeración de compost”.

A materia orgánica supón entre o 40 e o 50% do peso total da bolsa do lixo e o uso de composteiros reduce ademais as emisións de CO2.