Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O Concello de Vilalba publica a resolución co reparto de horarios de adestramentos dos clubs deportivos

Por 7 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba fixo pública a resolución que adxudica os horarios e as instalacións deportivas a clubs e entidades para adestramentos durante a tempada 2023-24.

Para este proceso, o concello xa tivo en conta o novo regulamento de uso das instalacións, consultado o pasado verán cos clubs de Vilalba.

“As novas bases reguladoras do uso das instalacións facilitan a xestión e a coordinación dos espazos”, asegura a alcaldesa, Marta Rouco.

O marco polo que se regula a cesión das instalacións é moito máis complexo que hai anos debido ao aumento da rede asociativa local.

Pódese consultar a resolución neste enlace.