Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Julia Carbarcos obtivo a medalla de bronce no Campionato do Mundo de Barcelona

Por 12 Novembro, 2023Novembro 13th, 2023Sin comentarios

A culturista vilalbesa vén de obter a medalla de bronce no campionato do Mundo celebrado en Barcelona, na localidade de Santa Susana.

A vilalbesa, que asegura “estar aínda nunha nube”, foi seleccionada no pasado mes de outubro para representar a España nesta proba deportiva xunto a outros 24 deportistas de diferentes categorías

A vilalbesa foi escollida entre outros 118 atletas que se presentaron á preselección. Os escollidos non representaron a todas as categorías existentes na actualidade, senón só naquelas nas que había posibilidades de obter medallas ou un lugar destacado no ránking. Julia Cabarcos, que competiu co dorsal 393 é xa medalla de bronce na categoría women’s physique master.

Cabarcos foi campioa de España no 2019, logo pasou uns anos de descanso para quitar o estrés, descansar a mente, e este ano volveu competir. Comezou en xaneiro e non parou. Xa é terceira do mundo, terceira de Europa e segunda no Arnold.

LE A ENTREVISTA A JULIA CABARCOS