Skip to main content
Vilalba

A biblioteca de Vilalba pecha este venres a sala infantil para a súa remodelación

Por 24 Novembro, 2023Sin comentarios

Hoxe, venres,  pecha a sala infantil da biblioteca municipal para a súa remodelación co obxectivo de crear “un espazo máis atractivo e cómodo para os nenos e as súas familias”.

Durante as obras, manterase unha selección de libros na zona de adultos para que os máis pequenos da casa non queden sen lecturas.

Ademais, o 15 de decembro comezarán tamén as obras na zona de adultos, e ata esa data a sección funcionará con normalidade.

A Biblioteca ten a disposiciós dos usuarios o whatsapp 626 399 329 para consultas.

Os usuarios que participan no reto lector, xa poden coller a lectura correspondente a decembro.