Skip to main content
Uncategorized @gl

O PP pide a reconstrución da ponte entre Pedreda e Rubiás

Por 6 Novembro, 2023Sin comentarios

O Partido Popular de Lugo pediu a reconstrución da ponte que une as localidades de Pedreda e Rubiás e que “o PSOE prometeu restaurar hai 12 anos”, segundo indicaron.

Flor Rubinos explica que esta ponte era unha servidume entre ámbalas dúas parroquias indicando que “ao caer este paso a veciñanza vese obrigada a dar un rodeo de case catro quilómetros”.

Os populares lembran que había un compromiso do anterior alcalde socialista José López Orozco de arranxar esta ponte pero, co cambio da corporación e a chegada da alcaldesa, “gardaron nun caixón o proxecto”.

“O malestar dos veciños quedou en evidencia na concentración que protagonizaron esta semana xa que ao estar cortado o paso teñen dificultades para limpar as fincas, sacar a madeira, etc”, explica o PP.

Afirman que o derrube desta ponte provoca problemas de seguridade vial: por un lado porque a maquinaria agrícola que antes circulaba por este paso ten que dar un rodeo e utilizar a estrada de Meira (N640) que non ten vías de servizo e, por outra parte, tamén supón un risco para ciclistas que utilizan esta ruta xa que, ao non estar indicado o corte da ponte, poden acabar no río.

“Á vista de que as peticións veciñais non teñen resposta nin se lles da unha solución, dende o Grupo Popular anuncian que levarán a pleno a reparación desta infraestrutura: instaremos a Concello e Confederación Hidrográfica Miño Sil a que invistan o que sexa necesario para recuperar esta comunicación entre as dúas parroquias”, din.