Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

A piscina de Xove acollerá a 2ª xornada da liga benxamín e alevín de natación este sábado

Por 15 Decembro, 2023Sin comentarios

A piscina municipal de Xove acollerá este sábado 16 de decembro a 2ª xornada da liga benxamín e alevín de natación. A primeira será ás 11.00 e alevín a partir das 17.00 horas. Así, as instalacións estarán pechadas ao público para poder celebrarse esta proba.

Nel participarán o Club de Natación de Xove, o Portamiñá e o Fluvial de Lugo. As probas comezan pola mañá onde centos de afeccionados reuniranse para seguir a competición.

Esta piscina foi inaugurada como parte do Complexo do Centro Cívico de Xove, en funcionamento dende 1988, é un punto de referencia na actividade deportiva da Mariña Lucense, tanto polos servizos como polas infraestruturas dispoñibles, a ultima delas é a reforma de todo o complexo para o acceso a persoas con minusvalía.