Skip to main content
Alfoz

O Castelo de Alfoz e Veciños de Mor din que “xa están pensando na seguinte edición do Mercado de Nadal”

Por 11 Decembro, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo e a Asociación de Veciños de Mor organizaron un Mercado de Nadal o pasado venres 8 de decembro, que foi “todo un éxito”.

Nel participaron 20 postos de temática de Nadal e houbo obradoiros infantís pola mañá e pola tarde, acendido das luces e música en directo.

Dende as dúas asociacións agradecen a acollida, “xa estamos pensando na seguinte edición”.