Skip to main content
Alfoz

Unha veciña de Alfoz cumpre 101 anos e recibe un agasallo do Concello

Por 18 Decembro, 2023Sin comentarios

O domingo 17 de decembro, Carmen Marrube Otero, celebrou o seu 101 aniversario rodeada da familia na súa casa de Carballido, Alfoz.

Con motivo desta celebración, acercáronse ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, como representantes do Concello, para agasallala cunha cesta de diferentes produtos e flores.

A alcaldesa afirma que “é un luxo poder pasar un tempo agradable cunha veciña como Carmen nun día tan especial e vela en bo estado de saúde e humor, arroupada pola súa familia”.