Skip to main content
Alfoz

Xa hai gañadores do XXI Concurso de Postais de Nadal de Alfoz

Por 24 Decembro, 2023Decembro 27th, 2023Sin comentarios

O domingo 17 de decembro, ao remate do espectáculo de Brais das Hortas, fíxose público o nome dos gañadores do XXI Concurso de Postais de Nadal.

Este ano o premio para a categoría de Educación Infantil foi para Martiño Ramil Vizoso, o da categoría de 1º ciclo de Educación Primaria foi para Roi Pérez Díaz, o da categoría de 2º ciclo de Educación Primaria foi para Leyre Carballal Souto e, ademais, nesta mesma categoría outorgouse un Premio Especial do Xurado a Uxía Vivero Santín ante a gran dificultade coa que se atopou o xurado pola calidade de todos os traballos presentados.

Todo o alumnado do Ceip Castro de Ouro de Alfoz participante ten un diploma e un pequeno agasallo polo seu esforzo e creatividade. Os nenos e nenas que non o recolleron o pasado 17 de decembro poden achegarse á Biblioteca Municipal (a partir de xaneiro porque agora están de vacacións).

Este concurso está incluído dentro das Actividades de Dinamización da Biblioteca, no Plan Único da Deputación Provincial e subvencionado pola mesma.

Estas postais son a imaxe dos calendarios 2024 do Concello de Alfoz, que están dispoñibles para que as desexe na Casa do Concello, Casa da Cultura e enviaranse ao Ceip Castro de Ouro.