Skip to main content
Foz

Vilaronte, en Foz, prepara para este domingo o VI Alumeado do Nadal

Por 1 Decembro, 2023Decembro 2nd, 2023Sin comentarios

A comisión de festas de San Juan de Vilaronte, en Foz, prepara para o domingo 3 de decembro o VI Alumeado do Nadal.

Nesta cita, que será a partir das 19.00 horas no Atrio da Igrexa de Vilaronte, “acontecerá algo que non pasa en Vilaronte dende 1986”, din desde a comisión, “estamos seguros que vos gustará a tod@os, sobre todo aos máis pequenos”.

Ademais haberá unha actuación de Mar Aberto de Foz, caldo de pita e chocolate quente e sorteos para que todo o mundo desfrute dun bo día