Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAFoz

Volve a Run Foz Run de Nadal

Por 9 Decembro, 2023Sin comentarios

Volve a carreira de Nadal, Run Foz Run, que este ano chega a súa oitava edición e celebrarase o vindeiro 23 de decembro.

A carreira terá lugar a partir das 11.00 horas sobre un circuíto de 200 metros para Pícaros, 600 metros para Benxamíns, 1.000 metros para alevíns, 1.800 metros Infantís e Cadetes, 5.000 metros para a competición Absoluta e 6 quilómetros para a andaina.

A saída e meta farase dende a praza Rosalía de Castro e a competición transcorrerá por un circuíto urbano cun perfil moi suave propicio para unha carreira rápida.

A inscrición estará limitada a 300 corredores para a carreira absoluta, 100 corredores para a carreira Pícaros, 50 corredores para a carreira Benxamíns, 50 corredores para a carreira Alevín, 50 corredores para a carreira Infantil e Cadete.

As inscricións en liña poderán realizarse ata o xoves 21 de decembro ás 23.59 horas e o prezo da inscrición variará en función do tramo seleccionado dende gratis para menores antes do 30 de novembro ata 10 euros para carreira absoluta.

Os dorsais poderán ser retirados presencialmente na carpa da organización na praza Rosalía de Castro o día 22 de decembro de 16.00 a 19.00 horas e o mesmo día da proba de 9.00 a 11.00 horas.