Skip to main content
Foz

O Concello de Foz presentou a programación cultural de Nadal 2023

Por 2 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Foz presentou a programación cultural de Nadal,“pensada para que desfruten dende os máis pequenos aos maiores. Dende a Delegación de Cultura traballou “para cubrir un amplo abano de posibilidades para que todo o Nadal de Foz guste a todos”.

Así a programación inclúe obradoiros infantís o sábado 2, teatro infantil os domingos 3 e 17 e o sábado 23, e para adultos o día 16, concertos de panxoliñas os días 16, 24 e 31,un festival infantil de musica o sábado 23 e actividades para os máis pequenos.

Do 26 ao 29 de decembro os nenos maiores de 2 anos poderán desfrutar dun Parque Infantil de Nadal na carpa instalada na Sala Bahía, con distintas e divertidas atraccións como unha ludoteca xurásica, inchables, obradoiros ou un tren infantil.

Xa en xaneiro, os días 2, 3 e 4 contaremos cun deslizador xigante no pavillón de Marzán dentro do Parque Infantil de Nadal.

Por outra banda, o venres 24 Papá Noel achegarase ao Concello e recibir a todos os cativos; e, por suposto, os Reis Magos percorrerán as rúas de Foz desde a Rapadoira o 5 de xaneiro ás 18.30 horas.