Skip to main content
Foz

O PP de Foz critica o desconto de 60 céntimos no recibo da auga “en compensación polos problemas da auga do verán”

Por 4 Decembro, 2023Sin comentarios

O voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira, afirma que o equipo de Goberno “non vai polo bo camiño como tampouco sabemos que lles pasa pola cabeza á hora de tomar determinadas situacións”, en referencia á carta que recibiron todos os focenses en relación aos problemas coa rede de abastecemento do pasado verán.

Javier Castiñeira sinala que “se non tiñamos pouco coas subas de impostos absolutamente desproporcionadas do pasado ‘xoves negro’” agora vemos como todos os usuarios do servizo de abastecemento de auga municipal recibimos unha carta na que o señor Cajoto e a concesionaria do servizo comunican que “van a bonificar no próximo recibo uns 60 céntimos de euro”. “Iso é o que se entende porque din que van a compensar reducindo un 10% da cota fixa”, explicou.

A cota fixa que pagan os veciños de Foz é de 6 euros, polo que se reducen 60 céntimos. “Unha auténtica vergonza e un insulto á intelixencia de todos os focenses”, denuncia.

O voceiro popular di que “se pensan que con 60 céntimos van a compensar todas as molestias que sufriron os veciños e empresarios do municipio están a faltar á intelixencia de todos os veciños”.

Ante esta situación, dende o Partido Popular de Foz afirman que seguimos ao carón dos veciños para defendelos polo tanto pedimos a convocatoria dunha comisión de seguimento para, entre todos, valorar, cal vai a ser a compensación. “Do contrario, ante as reiteradas negativas do equipo de goberno, iremos ao Valedor do Pobo para defender a todos os veciños de Foz deste absoluto atraco”, anunciou.

Se a finais de ano soben os impostos argumentando que subiron moito os prezos, á hora de bonificar fan absolutamente o contrario, “vanse aos mínimos posibles”. Hai veciños que tiveron máis de 700€ de recibo de auga e 60 céntimos son uns poucos litros de auga.

“Non é que non compensen os custes de tanto tempo sen poder usar a auga e ter que mercala no supermercado durante máis de 50 días, se non que é unha auténtica vergoña que o alcalde de Foz veña con estas contas” denunciou Castiñeira, ao que engadiu que “dende o Partido Popular seguiremos a denunciar os atracos que lle está a meter á cidadanía neste final de ano”.