Skip to main content
Foz

O Centiño de Foz organiza a súa 7ª gala solidaria este sábado

Por 14 Decembro, 2023Decembro 15th, 2023Sin comentarios

O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, organiza a sétima edición da súa gala solidaria. Será este sábado, 16 de decembro, ás 19.00 horas na Sala Bahía de Foz.

O Centiño ofrecerá a obra Trepa, Tripa e Tropa e no intermedio da representación actuará o grupo musical Pandereteiras da Subela.

A entrada é gratuíta, pero recolleranse doazóns para Cáritas.

Para este evento O Centiño conta coa colaboración da asociación A Subela e do Concello de Foz.