Skip to main content
Foz

O alcalde de Foz ve “máis cerca ca nunca” a mellora do enlace da Corredoira

Por 23 Decembro, 2023Xaneiro 9th, 2024Sin comentarios

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, valora moi positivamente o anuncio do Ministerio de Transportes e ve “máis cerca ca nunca” a mellora do enlace da Corredoira, intersección que une a Nacional 642 coa estrada LU-152 a Ferreira e que beneficia especialmente aos veciños das parroquias de Vilaronte, San Martiño, Santa Cilla e San Acisclo.

“Seguimos superando fitos. O Ministerio de Transportes está cumprindo con Foz. Neste caso estamos a falar da aprobación definitiva do proxecto de trazado da intersección da nacional coa estrada a Ferreira, presupostado en 417.000 euros. Este anuncio non son palabras baleiras, xa que se publicará proximamente no Boletín Oficial do Estado”, explica Fran Cajoto.

O alcalde de Foz engade que “o enlace vai a contar con carrís de espera centrais para axilizar o tráfico e evitar o colapso que se forma no verán. Cunha estrada con 15.000 vehículos diarios e tempos de espera de ata 20 minutos para incorporarse na intersección en verán había que facer algo. Estivemos traballando cóbado con cóbado co Ministerio e estamos moi agradecidos; Transportes está axudando moito a Foz”.

O rexedor municipal lembra o aumento de altura de tres pontes na estrada para evitar problemas no transporte,  o impulso ás rotondas de Cangas -xa en fase de expropiacións- e o anuncio da redacción do proxecto do Terceiro Acceso para Foz, que agarda ver pronto publicado. “Besteiro conseguiu axilizar os traballos de reparación na Areoura, que estaban estancados e provocaban un importante prexuízo na arteria principal da comarca. Vexo que hai compromiso e se avanza e isto para nós é prioritario, seguro que teremos máis boas novas”, destaca Cajoto.