Skip to main content
Lourenzá

O Grupo municipal do BNG de Lourenzá instar a alcaldesa a mellorar o estado do punto limpo

Por 23 Decembro, 2023Decembro 24th, 2023Sin comentarios

O Grupo municipal do BNG de Lourenzá vén de instar a alcaldesa laurentina a mellorar o estado do punto limpo municipal.

“Nos pasados 8 anos, foron reiteradas as nosas queixas polo seu estado, de feito a última foi no Pleno do mes de novembro”, di a voceira nacionalista Belén Fanego.

Rogan así ao seu amaño e “unha maior axilidade na recollida porta a porta de utensilios e materiais voluminosos que os veciños deben gardar nos seus domicilios, sendo este un problema que se dilata no tempo”, di Fanego.

Tamén apuntan a necesidade de novas localizacións para a recollida selectiva de lixo nas parroquias, acercando contedores de vidro, papel ou plástico a varias zonas do rural que o precisan.