Skip to main content
Mondoñedo

Este sábado as rimas e o freestyle en galego chegan a Mondoñedo

Por 1 Decembro, 2023Decembro 7th, 2023Sin comentarios

A Asociación Xuvenil Xoldra, de Mondoñedo, organiza unha serie de concertos e freestyle en galego, ou batalla de galos, para o día 2 de decembro.

Nesta cita, que leva por nome Quedada Ceibarimas, haberá batallas de galos, micro aberto, concertos e máis actividades. Todo comezará ás 18.00 horas no Casino de Mondoñedo. Haberá premios en metálico e en produtos de colaboración.

Ademáis da competición haberá micro aberto libre para quen queira animarse e tamén concertos a cargo de C Mirazo, Willow GHZ, Xmaseda65, Shera&Sile e Breixán e Román.

HORARIOS.

18.00 Clasificatoria
19.00 Micro aberto
20.00Cuartos
21.00 Shera & Sile
21.30 Semis+ 3º e 4º+ FINAL
23.00 XMaseda65
23.30 Willow GHZ
00.30 C Mirazo
01.30 Breixán e Román
02.00 Afterparty