Skip to main content
Mondoñedo

Fallado o Concurso de Fotografía ‘O Mellor Recuncho de Mondoñedo’

Por 9 Decembro, 2023Sin comentarios

Fallouse VIII Concurso de Fotografía O Mellor Recuncho de Mondoñedo no que se premiaron as tres mellores fotos coa finalidade da elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2024.

Así, os tres gañadores foron José Luís Basanta, Miguel Rubal Oubiña e Beatriz Loureiro Neira.

Para o concurso presentáronse 21 fotos das que, ademais da terna de gañadores, extractáronse outras 9 fotos máis a criterio do xurado, que xunto coas tres premiadas conformarán as imaxes do calendario do Concello de Mondoñedo do ano 2023.

A entrega de premios, que terá lugar nos vindeiros días e coincidirá coa presentación do calendario oficial do Concello de Mondoñedo.