Skip to main content
Mondoñedo

O Concello de Mondoñedo compra dous inmobles para as actuacións pendentes en Rocha Vélez e praza de San Xoán

Por 12 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo vén de comprar dous inmobles por valor de 55.768 euros a través do programa Rexurbe que permitirán as actuacións pendentes en Rocha Vélez e praza de San Xoán.

A compra dunha parcela por valor de 15.420 euros na Rocha de Vélez permitirá a próxima ampliación deste camiño que une a N-634 ata o casco antigo. Unha actuación de 655 metros que servirá para ampliar unha vía e mellorará acceso ao centro histórico, desconxestionando así os accesos de Xulia Pardo. Este vial dará acceso ao terreo que xa se comprara fai máis dunha década, para servir de aparcadoiro detrás do edificio emblemático do Pazo de Santo Tomé.

Esta intervención permitirán tamén mellorar as entradas ata a Residencia San Rafael, Hospital San Pablo e Centro médico. A obra contempla tamén a substitución de canalizacións, luminarias e reparar os muros de contención das parcelas afectadas

O outro inmoble sito na Praza de San Xoán cun importe de 40.348.61 servira para a humanización da Praza, nun lugar tan emblemático e transitado ao ser acceso dos xulgados, albergue de peregrinos, Capela da orden terceira. O solo poderá ser dedicado a múltiples usos, segundo recolle o PXOM , case todos eles vinculados ao ocio. Leva consigo un proxecto de demolición do inmoble en ruínas situado dentro da Praza por 32.849 euros