Skip to main content
Mondoñedo

O BNG de Mondoñedo critica a suspensión dos premios de poesía Díaz Jácome e Leiras Pulpeiro

Por 15 Decembro, 2023Sin comentarios

O BNG de Mondoñedo vén de criticar a suspensión dos premios XXIV de poesía Díaz Jácome para novos creadores e o XII de poesía Manuel Leiras Pulpeiro.

O voceiro nacionalista no concello, Eloi Cabanas, apunta que estes dous certames estaban máis que consolidados no panorama poético galego xa que ademais de promover a escrita poética en lingua galega e de honrar a memoria dos nosos escritores mindonienses tamén eran un referente no descubrimento de novas e novos talentos do xénero poético por iso que reclama que se volvan a convocar para o vindeiro ano.

O BNG, ante a falta dun comunicado por parte do Goberno, pide explicacións pola decisión de non convocar este ano os dous certames de poesía, “sorpréndenos que o Concello suspenda estes dous premios que xuntos non chegan aos 6000 euros o mesmo ano no que promoven a primeira edición dun novo premio de novela Álvaro Cunqueiro dotado con 9000 euros de fondos propios”.