Skip to main content
A Pontenova

A Deputación pon en valor a Feira de Antigüidades da Pontenova

Por 9 Decembro, 2023Sin comentarios

A deputada de Economía, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, asistiu este venres á inauguración da XVI Feira de Antigüidades e Artesanía da Pontenova que se celebra na Praza dos Fornos do municipio ata este domingo. Xunto ao alcalde da localidade, Darío Campos, e ao tenente de alcalde, Francisco Martínez, García Bermúdez recoñeceu o gran labor feito polo Concello para consolidar esta cita que “dinamiza a vida social e económica da Pontenova, pola propia actividade destes días, porque funciona como un revulsivo para o turismo e porque promociona os atractivos do concello”. A deputada tamén sinalou que este encontro concorda co modelo de desenvolvemento rural e de turismo polo que traballa a Deputación.

Este evento, que coincide coa VII Xuntanza de Vespas, Motos e Coches Clásicos, conta coa presenza de artesáns que realizarán obradoiros en vivo sobre cestería, forxa de ferro, técnica de tear triangular, torno de madeira, coiro, xoias e lámpadas de cabaza.