Skip to main content
A Pontenova

A Asociación de Pensionistas e Xubilados Val de Miranda, da Pontenova, organiza un comida baile

Por 11 Decembro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Pensionistas e Xubilados Val de Miranda, da Pontenova, organiza un comida baile para o 16 de decembro, sábado, que será a última deste colectivo en 2023.

Celebrarase ás 14.00 horas no Local das Sociedades.

A comida será servida polo restaurante O Lar de Balbina e despois actuará o dúo Muralla para amenizar o baile até as 20.00 horas.

O prazo para apuntarse finaliza o día 12 de decembro e pode facerse a través dos teléfonos 659 988 451, 619 414 023 o 676 053 392.