Skip to main content
A Pontenova

A Chocolateira da Pontenova prepara varias actividades para este mes de decembro

Por 13 Decembro, 2023Sin comentarios

A asociación A Chocolateira da Pontenova prepara varias actividades para este mes de decembro e na que a primeira será un obradoiro de acuarela.

Esta primeira cita será o sábado 16 e estará a cargo de Rocío Fernández Paz. Impartirase na casa do Salmón de 16.30 a 18.30 horas.

O seguinte será o venres 22 cun pequeno concerto con cantos de Nadal polas rúas da Pontenova dende ás 20.00 horas. Xa por último o venres 29 a Apalpadora visitará a casa da cultura o ás 12.00 horas.

Para calquera dúbida ou información haberá que chamar aos teléfonos 610 947 738 e 659 354 645.