Skip to main content
Mar AMARIÑAXAXove

Alfonso Villares visitou o porto de Morás de Xove xunto co alcalde

Por 31 Decembro, 2023Sin comentarios

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado polo alcalde do concello de lucense de Xove, José Demetrio Salgueiro Rapa, mantiveron un encontro institucional nas instalacións portuarias de Morás.

Este porto ata o século XVIII foi un dos grandes portos baleiros da Mariña, actividade que retomaría entre os anos 1965 e 1976.

Nesta visita polo peirao desde onde se divisan as instalacións portuarias e a planta de Alcoa San Cibrao Alfonso Villares e o rexedor de Xove puxeron sobre a mesa as necesidades da dársena local, que nos Orzamentos de 2024 conta con cen mil euros en recursos para o desenvolvemento do gran proxecto que permitirá contar ao sector marítimo-pesqueiro cun contradique, unha nova explanada e pantaláns dos que hoxe carecen.