Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

O musical ‘La Bella y la Bestia’ poderase desfrutar o 25 de febreiro en Burela

Por 10 Decembro, 2023Decembro 11th, 2023Sin comentarios

O musical ‘La Bella y la Bestia’ poderá verse o día 25 de febreiro de 2024 na casa da cultura de Burela a partir das 17.00 horas dirixido ao público de todas as idades.

Érase unha vez un príncipe que vivía nun resplandecente castelo. A pesar de ter todo o que podía desexar, era egoísta e consentido. Unha noite, unha bruxa lanzou un maleficio sobre el e todos o que alí vivían. Como castigo, o príncipe foi condenado a ser unha besta, e só podería librarse dese maleficio se conseguía namorarse dunha moza antes de que caese o último pétalo dunha rosa encantada. Dez anos despois, unha nova chamada Bela chega ao castelo para rescatar ao seu pai, que é prisioneiro da besta…