Skip to main content
Axenda CaducadaRiotorto AMARIÑAXA

Riotorto volverá celebrar o seu tradicional baile de fin de ano

Por 10 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Riotorto programou de novo este fin de ano o seu baile tradicional que se celebrará a partir da 1.00 horas do día 1 de xaneiro do próximo ano.

A entrada para esta festa será de balde os asistentes poderán desfrutar da animación musical do dúo Belinda no centro sociocultural da localidade.

Durante a festa haberá servizo de bar e ás 5.30 horas servirase chocolate gratis para todos. Esta festa está organizada polo Concello en colaboración coas asociacións veciñais e culturais do municipio.