Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

Amigos do Ouro prepara unha xornada de iniciación á pesca en Alfoz

Por 16 Decembro, 2023Abril 18th, 2024Sin comentarios

O 23 de decembro ás 10.00 horas a Asociación de Pescadores de Amigos do Ouro prepara unha xornada de iniciación á pesca con mosca impartida por Julio Seijas.

Esta cita, que será na casa da cultura de Alfoz, contará con parte teórica e práctica e para participar e necesario inscribirse, de balade, chamando ao 652 838 013 ou 667 983 373.

Os contidos explicarán como identificar os insectos acuáticos e terrestres dos que se alimentan as troitas, haberá unha iniciación ao montaxe de moscas con ferramentas e materiais e tamén explicarán o lance con cola de rata.