Skip to main content
Axenda CaducadaChantada

Os nenos e nenas de Chantada xa poden anotarse nos obradoiros creativos para este Nadal

Por 14 Decembro, 2023Decembro 15th, 2023Sin comentarios

O Concello de Chantada organiza, como parte da programación para estas datas, unha serie de obradoiros creativos dirixidos aos nenos e nenas de 3 a 12 anos. A iniciativa estará en funcionamento os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro.

A proposta de carácter gratuíto será de 12.00 a 13.00 horas na Casa da Cultura. Os interesados xa poden realizar as súas inscricións neste mesmo lugar.

O prazo para solicitar praza nos talleres permanecerá aberto desde este martes 12 ata o vindeiro martes 19. Os interesados poden solicitar máis información a través do 982 441 752. Esta proposta súmase ao Campamento de Nada que tamén organiza o Concello para estas datas.