Skip to main content
Axenda CaducadaXove

Xa hai data para o Xove Costa Trail 2024

Por 26 Decembro, 2023Sin comentarios

A organización do Xove Costa Trail comunicou a nova data para a celebración do vindeiro trail 2024 e que será os días 16 e 17 de marzo. Contará con carreira para nenos, proba de 17 e de 26 quilómetros e unha andaina de 12 quilómetros.

O Xove Costa Trail é unha carreira de montaña, que transcorre na súa maioría do percorrido, pola Senda Costeira de Xove e polo Camiño Natural do Cantábrico, o seu paso pola costa do Concello, dende a Praia de Portonovo, nos limites co Concello de Viveiro, ata a Praia de Morás, para logo adentrarse hacia a parte interior do Concello de Xove por sendeiros e pistas forestais de uso público.