Skip to main content
Axenda CaducadaO Valadouro

A Papanoelada moteira do Valadouro será este domingo

Por 22 Decembro, 2023Decembro 23rd, 2023Sin comentarios

A Concellería de Cultura do Concello do Valadouro presenta a programación da Papanoelada Moteira que se desenvolverá a tarde do 24 de decembro de 2023.

A saída da comitiva moteira será ás 16.00 horas con Papá Noel da praza de Santa María e a continuación, haberá unha interpretación de panxoliñas e presentación da figura do Apalpador na Casa da Cultura polos alumnos de Sinfónico no Rural (Proxecto Socioeducativo da Fundación Bal y Gay)

De seguido, farase a recepción de Papá Noel aos nenos e nenas do Valadouro, na Casa da Cultura e finalmente poderán desfrutar de inchables e animación infantil e musical e degustación de chocolate no pavillón.