Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Sangiao do Biosbardo faise co bronce na carreira de Matallana, nos Picos de Europa

Por 5 Decembro, 2023Sin comentarios

Este domingo os atletas do Club Biosbardo desprazáronse, entre outras probas, á provincia de León, para participar, aos pés dos Picos de Europa, a Carreira de Matallana de Torío, dentro da especialidade de trail running.

Este evento consta de dúas probas de gran dureza, unha proba curta de 17 quilómetros con máis de 1600 metros de ascenso e unha proba longa de 68 quilómetros con máis de cinco mil metros de ascensión, convertíndoa nunha das máis duras de España pola súa verticalidade, denominada Anillo de Matallana.

O deportista Biosbardo Iván Sangiao finalizou o Anillo de Matallana en pouco máis de 11 horas facéndose coa terceira praza absoluta da proba.

Esta tiña saída ás 00 horas do domingo desde a localidade de Matallana cunha temperatura de 0 graos. Nos case 68 quilómetros Iván coroaba o Pico Polvoreda, a metade de carreira, na quinta posición, prudente e cunha gran presenza de neve e xeo nos máis de 2000 metros do pico cunha temperatura de -7ºC. Xa no último tramo da proba o atleta remontaba dúas posicións para facerse co bronce nesta proba tan esixente.

Ademais, o domingo 26 de novembro, os combinados masculino e feminino do club participaron no campionato galego individual e por clubs de Media Maratón, en Vilagarcía de Arousa, facéndose co 17º posto absoluto o equipo masculino e sendo o primeiro equipo clasificado da provincia de Lugo.