Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O CD Lugo cesa a Roberto Fernández como adestrador do Lugo B de Terceira

Por 10 Decembro, 2023Sin comentarios

O CD Lugo comunica a finalización da relación contractual que unía ao club co técnico Roberto Fernández Alvarellos durante a presente tempada.

Desde esta entidade quere “agradecerse o traballo e a profesionalidade demostrada no labor desempeñado á fronte do equipo filial, e deséxanselle os maiores éxitos persoais e profesionais no futuro”.

O ex xogador albivermello, con traxectoria no club como adestrador de porteiros do primeiro equipo, así como técnico de categorías inferiores, chegou ao filial amurallado para pilotar o seu percorrido en 3º RFEF, coa mira posta na competición e na formación de mozos activos.

Cunha brillante traxectoria no mundo do fútbol ao máis alto nivel, Roberto Fernández concluía o seu periplo como futbolista profesional nas filas do CD Lugo, para comezar despois a súa etapa nos bancos.