Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O CD Lugo recibirá ao Atlético de Madrid de Primeira na eliminatoria da Copa do Rei

Por 13 Decembro, 2023Sin comentarios

O Lugo foi un dos equipos agraciados neste sorteo da Copa do Rei, xa que recibirá a visita dun dos grandes do fútbol español. O Atlético de Madrid enfrontarase aos de Munitis nos dezaseisavos do torneo que se disputarán a fin de semana de Reis, o 6 ou 7 de xaneiro.

A presenza do Atlético de Madrid asegura unha gran entrada no Anxo Carro e a nivel deportivo será unha cita histórica para os xogadores na que poden dar a badalada eliminando a un dos grandes favoritos.

O equipo lucense está agora mesmo loitando por entrar nos postos de playoff da Primeira RFEF, división á que descenderon a pasada tempada tras varios anos en Segunda División. Os de Munitis van sétimos, están a un punto do playoff e a seis do líder, que agora mesmo é o Celta B.