Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

Carmen Lence, nova presidenta do Consello de Administración do CB Breogán

Por 24 Decembro, 2023Decembro 26th, 2023Sin comentarios

Carmen Lence foi elixida como presidenta do Consello de Administración do CB Breogán despois de reunirse e acordar así a distribución de cargos entre os membros do consello ratificados polos accionistas na última Xunta Xeral.

Pola súa parte, Narciso Fernández foi elixido como vicepresidente, mentres que o secretario quedou designado na figura de Alfonso Orol. Pola súa parte, os vogais sserán José Antonio Díaz e a Fundación Breogán, representada por Julio González, un dos seus novos patróns.

Así mesmo, Nuria Varela-Portas e o xerente da Fundación Breogán, Salva Arco, pasan tamén a formar parte do Padroado da Fundación, e este último, ademais, intégrase na estrutura do club.

O Consello de Administración agradece a Carmen Lence, máxima accionista e patrocinadora do club coa súa marca Río de Galicia, o seu compromiso ao asumir a presidencia da entidade.