Skip to main content
Antas de Ulla

A Biblioteca de Antas de Ulla convoca un certame de poesía infantil de Nadal

Por 1 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Antas de Ulla, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca o seu certame de poesía infantil Nadal 2023.

Os poemas, que deberán ter unha temática relacionada con esta época do ano, deberán estar redactados en galego, e contar cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara escrito a ordenador ou con bolígrafo

Haberá tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos, e de 12 a 16 anos. Cada unha contará cun lote de material escolar e un diploma para a rapazada premiada. Cada autora ou autor poderá presentar cantos traballos desexe, con cadansúa folla de datos cumprimentada.

O material deberá ser entregado na propia Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla ata o día 22 de decembro. Os datos identificativos irán nas follas de datos, nunca no traballo presentado.

O xurado, que estará conformado por persoas entendidas na materia, fará públicos os resultados no mes de xaneiro, e os premiados participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo.

A Biblioteca Pública de Lugo publicará cada ano un libro conmemorativo que recollerá os traballos premiados en dito certame, polo que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.