Skip to main content
Antas de Ulla

Comeza a campaña de Nadal de recollida solidaria de xoguetes de Antas de Ulla

Por 15 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Antas de Ulla dá comezo á Operación Xoguetes, a súa campaña de Nadal de recollida solidaria de xoguetes en desuso para doalos a familias desfavorecidas.

Pódense doar xoguetes, quebracabezas, xogos de mesa e libros, sempre en bo estado, na Casa do Concello no Ceip Plurilingüe Antas de Ulla e na Biblioteca Municipal.

As familias que o precisen poderán recollelos o venres 5 de xaneiro na Casa do Concello, en horario de 08.00 a 15.00 horas.

A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, sinala que esta é “unha boa oportunidade de doar eses xoguetes que xa non se usan, aproveitando a época do Nadal para facer unha acción altruísta que pode axudar a moitas familias”.