Skip to main content
Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla porá en marcha un novo servizo de punto limpo móbil

Por 18 Decembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Antas de Ulla porá en marcha ao longo de 2024 un novo servizo de punto limpo móbil que percorrerá todo o municipio para a recollida de diferentes tipos de residuos que non se poden depositar nos contedores convencionais.

O punto limpo móbil está cofinanciado pola Unión Europea a través do fondo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE – Next Generation EU, contando cunha axuda de 54.000 euros.

Neste punto limpo, que estará situado periodicamente nas diferentes parroquias cuns horarios e puntos prefixados, poderán depositarse residuos tales como restos metálicos do fogar, lámpadas e tubos fluorescentes, aerosois, pilas e baterías de electrodomésticos, xoguetes, cartuchos de impresora ou pequenos electrodomésticos.

A alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, destaca que “este novo servizo, que chegará a toda a poboación do concello, servirá para facilitar a reciclaxe de todo tipo de residuos e que Antas de Ulla sexa un municipio limpo e sostible”.