Skip to main content
Baleira

O Cádavo celebra unha festa de Fin de Ano con diversas actividades

Por 30 Decembro, 2023Sin comentarios

A Asociación da comisión de festas do Concello de Baleira organiza unha festa de Fin de Ano este 31 de decembro a partir das 12.00 horas do mediodía, momento no que terán lugar as precampanadas na praza do Concello.

Nese momento, haberá uvas e bebida de balde para brindar cos demais veciños que se animen a participar desta iniciativa, que contará tamén coa actuación da Banda Toxo Queimado e a sesión vermú por todos os bares do pobo.

Ademais, de noite, a partir das 01.00 horas do día 1 de xaneiro do Ano Novo haberá unha festa no bar do centro sociocultural cun gran cotillón para darlle a benvida ao ano 2024, na que se contará con dj e invitarase á primeira copa de champán.

Por último, os veciños e veciñas que asistan a esta festa, a partir das 04.30 ou 05.00 horas haberá chocolatada gratis para todos eles.