Skip to main content
Cervantes

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cervantes xa conta cun desfibrilador

Por 4 Decembro, 2023Sin comentarios

O Goberno autonómico fixo entrega dun desfibrilador externo semiautomático (DESA) destinado á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) do concello de Cervantes. O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, fixo entrega do equipamento ao alcalde, Benigno Gómez.

O material inclúe un desfibrilador externo cun mínimo de dous xogos de parches de electrodos, un xogo de dúas baterías, cable de conexión a porto USB, kit de reanimación cardio-pulmonar e mochila impermeable.  A Xunta dota así ás AVPC dun recurso para actuar dunha maneira coordinada cos profesionais do 061, conseguindo gañar tempo na atención ante unha parada cardíaca, ao intentar que o paciente aguante á chegada dos servizos profesionais.