Skip to main content
Lugo

Tomé prende o alumeado de Nadal do pazo de San Marcos

Por 1 Decembro, 2023Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, prendeu este xoves o alumeado de Nadal da fachada do Pazo de San Marcos. Xunto a empregados provinciais e veciños e veciñas de Lugo, José Tomé acendeu os elementos decorativos instalados na fronte do edificio. Na cita tamén participou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e representantes da Federación de Comercio.

Tomé Roca avanzou que a institución provincial manterá a iluminación instalada durante as festas e destacou ademais que o alumeado enxalza o patrimonio cultural, natural, e territorial da provincia de Lugo. “Esta tamén é unha boa maneira de crear ambiente nas rúas e dinamizar o comercio local, porque o Pazo de San Marcos está situado no corazón da cidade, nunha praza chea de comercios e cafeterías”, valorou o Presidente.

Os elementos decorativos empregan tecnoloxías LED de alta eficiencia, o que supón un aforro enerxético e económico. Inclúen cortinas horizontais e verticais; estrelas de Nadal; e motivos característicos da provincia.